Wednesday 24 de April de 2024

Unha mostra de labores de punto de cruz chega á Casa Mariñeira pobrense


A Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal acolle durante o presente mes de agosto unha exposición de labores de punto de cruz elaborada por María Jesús Martís Mariño. A mostra consta de máis dunha decena de pezas, entre cadros e mantelaría, con temática variada (imaxes relixiosas, bodegóns, paisaxes…).

No acto de inauguración, a concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra), xunto coa técnica municipal desta área, Ángeles Tubío, puxo en valor esta exhibición como unha homenaxe á artesanía e ao traballo da autora. Arroupada por familiares, María Jesús Lorenzo Martís, filla da creadora xa falecida, tivo palabras de recordo para a súa nai e indicou que o exposto son só algunhas confeccións efectuadas ao longo de dez anos.

As visitas poderanse realizar ata finais de mes de luns a venres, de 09.30 a 14.00 e de 18.15 a 20.15 horas, así como os sábados, en horario de 10.00 a 15.00 horas.